A mirada persoal da cidade, da vida que nos rodea, do cotiá é un reto para calquera fotógrafo ou fotógrafa. Santiago de Compostela é un escenario único para amosar miradas creativas e atopar sensacións en tódolos seus rincóns.

Milenaria e lexendaria, Compostela segue a sorprender a quenes buscan nela a maxia de fotografiala. Se a esto súmase a procura dun estilo novo e diferente o reto bota a camiñar. Isto é o que a Asocación Cultural Fotoforum Compostela propón nesta exposición. Reunir fotografías da cidade de Santiago de Compostela usando como inspiración o estilo e a técnica de fotógrafos e fotógrafas recoñecidos, tanto dos orixes da fotografía primitiva como da fotografía contemporánea.

Cada un dos cincuenta e catro participantes na mostra tivo que reflexionar como facer unha interpretación persoal de ese autor ou autora singular e elixir un motivo dentro da cidade: ¿cómo fotografaría este fotógrafo ou fotógrafa a cidade de Santiago de Compostela? ¿Qué técnica empregaría? ¿Qué recursos? ¿Cal sería o tema? O resultado é unha fotografía moi persoal que, a través dos ollos de autores recoñecidos, da como resultado unha colección de imaxes orixinais, variadas e únicas da nosa cidade. Os traballos levan uns breves textos nos que se fala do fotógrafo ou fotógrafa de referencia, aportando información sobre a época, o estilo, o contexto e calquera tipo de dato relevante que axude a comprender a súa visión.

 

Cartel expo fot en compostela-2

FOTOGRAFOS EN COMPOSTELA