
Con motivo do Día das Letras Galegas, e atendendo ao enunciado dos estatutos da nosa Asociación no seu capítulo I, Artigo 6. Fins, punto 1.d), a favor da promoción e reivindicación da lingua e cultura galegas a través da fotografía, propuxemos ao conxunto de Fotoforum a participación neste proxecto, que toma como punto de partida a novela gráfica «Os suicidantes», con guión do escritor Diego Ameixeiras e debuxos de Tomás Guerrero, e publicada no 2023 por Xerais. Esta obra presenta un futuro distópico ambientado en Santiago de Compostela. A idea do proxecto é tomar como referencia o argumento e a estética de «Os suicidantes» para levalo á fotografía, segundo a interpretación de cada unha das persoas que se uniron á idea.
Facemos coincidir a data do 17 de maio coa da inauguración do proxecto na Libraría Couceiro por razóns obvias, a relación das letras coas librarías de sempre. Nela estarán expostas as fotografías desde esa data ata finais de maio, e a partir de xuño, e durante todo ese mes, levarémola á Biblioteca Ánxel Casal.
Como actividade paralela, nesa xornada, repartiremos por algúns puntos do casco histórico, unha copia das imaxes que forman parte da exposición.
Cabe destacar que este proxecto conta co patrocinio da Secretaría Xeral da Lingua da Xunta de Galicia.

Con motivo del Día das Letras Galegas, y atendiendo al enunciado de los estatutos de nuestra Asociación en su capítulo I, Artículo 6. Fines, punto 1.d), a favor de la promoción y reivindicación de la lengua y cultura gallegas a través de la fotografía, propusimos al conjunto de Fotoforum la participación en este proyecto, que toma como punto de partida la novela gráfica «Os suicidantes», con guion del escritor Diego Ameixeiras y dibujos de Tomás Guerrero, y publicada en 2023 por Xerais. Esta obra presenta un futuro distópico ambientado en Santiago de Compostela. La idea del proyecto es tomar como referencia el argumento y la estética de «Os suicidantes» para trasladarlo a la fotografía, según la interpretación de cada una de las personas que se unieron a la idea.
Hacemos coincidir la fecha del 17 de mayo con la inauguración del proyecto en la Libraría Couceiro por razones obvias, la relación de las letras con las librerías de siempre. En ella estarán expuestas las fotografías desde esa fecha hasta finales de mayo, y a partir de junio, y durante todo ese mes, llevaremos la exposición a la Biblioteca Ánxel Casal.
Como actividad paralela, ese día, repartiremos en algunos puntos del casco histórico una copia de las imágenes que forman parte de la exposición.
Cabe destacar que este proyecto cuenta con el patrocinio de la Secretaría Xeral da Lingua de la Xunta de Galicia.