MIRANDO A CIDADE. Un paseo pola historia de Compostela – Asociación Cultural Fotoforum Compostela

 

Inauguración: xoves 30 de Marzo
 
Casa do Cabido. Praza de Praterías, Santiago de Compostela Organiza: Asociación Cultural Fotoforum Compostela Patrocina: Consorcio de Santiago

'MIRANDO A CIDADE. Un paseo pola historia de Compostela' está formada por unha selección de localizacións emblemáticas na historia de Compostela (pazos, rúas, prazas, igrexas, conventos, etc.) interpretadas de xeito libre e creativo nun total de 61 fotografías.

Compostela non se crea dunha vez senón por ampliacións e substitucións. É un mosaico de obxectos de idades diferentes con funcionamento unitario. A súa paisaxe reescríbese en moitos momentos. En todas as culturas e en todas as épocas históricas a cidade concibiuse como parte esencial da identidade. Por iso, nesta exposición dáse conta dos testemuños conservados sobre a organización urbana de Compostela desde a súa orixe ata a actualidade.


A exposición estará aberta en horario de 10-14 h e de 16-20 h de Martes a Sábado e Domingo de 11-14 h. Luns pechado. Entrada de balde.


A Asociación Cultural Fotoforum Compostela está integrada por persoas que comparten a súa paixón e apostan por unha fotografía de calidade que sirva como medio de creación e de expresión cultural. A asociación funciona como un nexo entre as diferentes maneiras de entender a fotografía, o que permite compartir proxectos, experiencia e novas ideas, así como un medio comprometido coa divulgación da fotografía en calquera das súas múltiples facetas.

flyer-mirando-a-cidade-21x10-cm-2

flyer-mirando-a-cidade-2portada_web

MIRANDO A CIDADE. Un paseo pola historia de Compostela
Etiquetado en: