O mércores 15 de Xuño ás 20:00 inaugúrase a exposición fotográfica solidaria ‘MUNDO LÍQUIDO’ organizada pola Asociación Fotoforum Compostela a beneficio do centro dá muller Vagalume, xurdido en 1990 a través da iniciativa das Irmás Oblatas, que tradicionalmente mostraron preocupación por traballar a favor da Muller vinculada á prostitución, e que conta ademais con apoio de Cáritas. O acto estará presidido pola Vicerreitora de Estudantes, Cultura e Responsabilidade Social, Sra. Mª Dolores Álvarez Pérez.

‘MUNDO LÍQUIDO’ é una exposición baseada no concepto de Modernidade líquida, desenvolvido polo sociólogo e filósofo Zygmunt Bauman, no que plantexa que a sociedade actual se caracteriza por un estado fluído e volátil, sen valores sólidos, no que a incertidume pola vertixinosa rapidez dos cambios debilitou os vínculos humanos. As relacións humanas que se caracterizaban por nexos potentes convertéronse en lazos provisionais e precarios.

Na sociedade líquida, baseada no consumismo, a felicidade se asocia, non xa á gratificación dos desexos, senón a un aumento permanente do volume e intensidade dos desexos. Todo é obxecto de consumo, incluso nós mesmos. Caracterízase máis por un exceso de posibilidades que de prohibicións; o exceso de información como fonte da ignorancia.

Os vínculos afectivos deixan de ser lugar de lealdades inquebrantables e de compromisos a longo prazo: a partir de certo nivel de compromiso, as relacións convértense nunha carga.

Todo o que se crea vólvese líquido, se volve un obxecto de consumo inmediato. As fotografías son de usar e tirar, exprés, inmediatas e xeradas nunha especie de necesidade pero que tamén poden desconectarse coa mesma facilidade.

O propósito desta exposición colectiva e solidaria é o de construír as fotografías da mesma sobre este plantexamento da modernidade líquida, e que nos sirva como reflexión sobre o o momento que estamos vivindo. Creamos imaxes ‘sólidas’ dun mundo ‘líquido’.

 

A exposición estará aberta do 15 de xuño ao 15 de xullo en horario de 18:00 a 21:00 de luns a venres e os sábados de 11:00 a 14:00.

 

Cartel-expo-WEB

 

Exposición Solidaria “Mundo Líquido”
Etiquetado en: